Anxos García Fonte publica en culturagalega.org a terceira achega crítica á novela, aquí tedes un parágrafo:
"Pero non hai pega sen mancha negra ... e se houbese que poñer algunha obxección diríamos que non é moi aceptábel que un simple artesán a principios do século XVII, malia ser un home que se adica a encadernar libros, posúa unha considerábel biblioteca da súa propiedade e moito menos, malia que a súa formación intelectual discorrese polo autodidactismo, que fose ateo nin que defendese intimamente a súa condición de homosexual: é, sinxelamente, anacrónico, tanto coma un Robin Hood defensor da democracia e do libre comercio."
Vexamos, Ambrosio é meu, é o meu fillo, unha peronaxe de ficción que se move nese anaco de historia que eu recrei. Partindo de aí todo é posible.
En relación coa súa considerable biblioteca, chega cunha lectura da extraordinaria monografía de Benito Ríal Costas , Producción y comercio del libro en Santiago (1501-1553) , que eu descubrín co libro xa rematado grazas a Leo Toral, para ver que non resulta tan inaceptable. Neste libro ven reproducido o inventario da librería de Giraldo de Sol, libreiro e artesán de Compostela, predecesor de Ambrosio, é o mesmo resulta abondoso, 2.500 volumes e sorprendente, acreditando a presenza de obras de Sofocles, Homero, Erasmo, Virxilio ou Vives en Santiago.
¿Non podía haber ateos no século XVII? Ademais Ambrosio, máis que desconfíar de Deus, desconfía dos seus servos na terra: da curia ben mantida que vende bulas ao mellor postor e dos cans de presa dos inquisidores. En varias ocasións na novela recorre as pregarias ou Biblia na procura de respotas.
En relación co episodio homosexual, que en ningún intre se explicita na novela e podería formar parte das matinacións e arelas do encadernador -malia suposta existencia dunha denuncia anónima da que nunca se chega a saber máis- creo, se non me falla a memoria, que Ambrosio se tortura con tal desexo, ten pesadelos e chega a mutilarse unha man. Mais que defensa eu vexo dúbidas e vergoña.
(Isto non é unha replica alporizada á critica, que por outra banda é positiva, senón máis ben un xeito de enriquecer o diálogo con todos aqueles lectores interesados. Ao mellor como pai de Ambrosio eu non son o máis indicado para falar del, consíntolle todo, pero ao cabo este blogue é para iso, para falar da novela)

3 comentários:
Quen podía pensar que Robin Hood sería Errol Flynn?
E para sempre.
Xa está publicada a reseña. Moitas gracias. Foi un pracer.
Enviar um comentário